O sistema audiovisual da aula que estás a punto de utilizar está basado no uso dun dock, un aparello que está ubicado moi preto do código QR que usaches para chegar ata aquí e que ten esta apariencia.

Tanto a sinal de video como a de audio pasan por este dispositivo e o sistema está pensado para que os usuarios non modifiquen o seu conexionado.
Se tes algún problema avisa a conserxería ou os servizos informáticos. Por favor, non desconectes ningún cable do dock.
Se queres usar o PC da sala
- Acende o proxector e despois o PC.
- Comproba que os conectores USB etiquetados coas siglas AV están conectados entre sí.

Se precisas de usar un pen drive podes conectalo nas ranuras USB do dock.
Se queres usar o teu portátil
- Conéctate a internet (só será necesario a primeira vez que uses un dos dock da Facultade)
- Desconectar o cable USB coa pegatina AV que aparece na foto de abaixo e conectalo ao portátil.

- Esperar a que se instale o programa necesario para usar o dock (non hai facer nada, só esperar de 30 segundos a un minuto)
- Se non descarga nada, hai que facer a descarga de forma manual no seguinte enlace: https://www.synaptics.com/products/displaylink-graphics/downloads/windows
Se tes problemas co teu portátil
- Comproba que o portátil está conectado a internet.
- Baixa a resolución do portátil, algúns proxectores son antigos e non admiten resolucións moi grandes.
- Avisa a conserxería ou ao persoal de informática (planta baixa)